quarta-feira, 30 de janeiro de 2013

Irmán Daniel

Botemos a vista atrás...metámonos no inetrior da máquina do tempo que temos na cachola e retrocedamos ata o 30 de Maio de 1886.
Ese día é,ou por desgraza,DEBERÍA de ser un día marcado nos calendarios galegos...por que?
Ese día naceu un anaco da Galiza...ese día naceu Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Nesta entrada do blogue non quero facer unha biografía nin enunciar frases nin esas cousas...limitareime a expresar a minha opinión sobre personaxe tan ilustre.
Digamos que dende o meu punto de vista,todo o que cada día escribo en "Twitter" ou nas oasións nas que o fago por aquí,todo iso venme dende que aló polos remtaes de 4º da ESO comezou a xerminar na minha cachola...pero o abono que axudou a esas ideas a rematar de medrar foi unha persoa...un galego..e como estades a pensar,sí,foi Castelao.
O que antes digo de viaxar no tempo e moi importante pra entender o que estou a dicir...porque moito do mérito do labor de Castelao está impulsado pola época que lhe tocou vivir,que como todos sabemos,non foi a máis axeitada pra esas ideas.
Nembargantes ningún poder ía ser quen a arrincarlhas da cachola e ningunha a persoa capaz de calalo.
E así foi como ata o día de hoxe podemos conservar as ilustracións,"Un ollo de vidro","Retrincos","Cousas","Os vellos non deben namorarse",a fermosa hestoria de "OS dous de sempre" e como non,"Sempre en Galiza"...
Foi con este libro e coa teoría de Risco(tampouco hai que quitarlhe mérito)cando naceu todo no que hoxe en día,a xente coma min se apoia pra buscar respostas e tamén procurar solucións...e ahí é onde cobra importancia a figura de Castelao.
Todos temos claro que queremos a Galiza...pero seriamos quen de convertela en nazón?Seriamos quen de identificala como tal?Sería capaz,unha sociedade que nin se digna a aparecer nun colexio electoral,de facer que Galiza espertara?
Penso que a minha resposta a esa pregunta está clara.
Por se non fora suficiente o dito ata agora,permitídeme facer especial fincapé unha vez máis no detalhe de "Viaxade no tempo"...porque non ten nada que ver a situación de agora coa de antes.
Nós loitamos por que non eliminen o galego da ensinanza...él loitou pra que non desaparecera,ou mesmo pra poder falalo.
Non gosto de entxtenderme moito así que vou pensar en ir pechando esta entrada...e que melhor maneira de facelo que citando unha desas frases que te marcan pra sempre...unha desas frases que mesmo poden sacar unha bágoa...unha frase do Irmán Daniel que di así:"Voltarei cando a Galiza sexa Ceibe"...e nós estarémoste agardando...

segunda-feira, 28 de janeiro de 2013

O berro dun pobo durmido

A experoencia vivida polas rúas de Compostela o domingo 27 de Xaneiro fan que tenha que actualizar o blogue...e adicarlhe unha entrada a esas horas.
Lembro que antes do días,esa semana fora unha semana "tensa"...tensa no sentido de que unha vez máis,o pobo da Galiza tinha unha oportunidade pra reivindicar o que é noso,e á nosa cachola vinhan de maneira incontrolable as pantasmas das pasadas eleccións...e se o noso berro se quedaba nun chío?
Nada máis lonxe da realidade.
Un día de choiva e frío,un día típico da nosa terra,foi o elixido pra que unha marea azul,branca e vermelha tomara as rúas da capital e un berro en galego fixera que tremeran os cimentos da zona velha.
Unha longo cola de xente unidas pola súa lingoa non deixaron que o frío ou a choiva as pecharan na casa e decidiron saír e loitar...loitar polo noso...loitar por Galiza...loitar polo galego.
Sabendo  como se "trata" a información nos tempos de hoxe en día,temos que facer fincapé nun detalhe,e isto quero adicarlho aos que son tan amigos de utilizar a expresión "Los 4 gatos de siempre" e aos "companheiros de El Correo Gallego,que na súa edición virtual lhe adicanban o titular "Queremos Galego convoca "una gran manifestación" para..." con esa retranca tan boa que eles tenhen.
Só quero comunicarlhes que poderían quitarlhe as aspas a GRAN MANIFESTACIÓN porque a falta de datos,boas son imaxes,e as imaxes non minten...e na Praza da Quintana estaba chea.
Un sorriso foi o que se debuxou na minha faciana unha vez rematado o acto...o sentimento do deber cumprido...o sentimento de que esta vez Galiza aprobeitou a oportunidade que se lhe brindaba...e mentres todo ía rematando...as paredes da Quintana retumbaban ao son dun canto...un canto que dicía así:IN-DE-PEN-DEN-CIA!

segunda-feira, 21 de janeiro de 2013

Medo á escuridade

Lembro que un dos meus problemas(entre moitos)nos meus anos máis novos,foi o medo á escuridade.
Non entendía por que...non sabía se había algo,alguén ou ía pasar algo....pero non estaba a gusto no momento que se apagaban as luces.
Esta experiencia rematei por superala...ver que non pasaba nada e finalmente non me importaba.
Feita esta introducción,pasarei ao tema central desta entrada.
Resulta que moitas veces,na vida semelha que se repiten cousas que xa pasaron.
A relación entre esta entrada e a introducción ven agora:
Resulta que neste tempo que estou a vivir,cando xa nin me lembraba dese pasado,voltou o que xa tinha esquecido...voltou o medo á escuridade.
Cada noite,ao apagar a luz vénhenme á cachola pensamentos que non me agradan...pensamentos arredor dunha persoa e da súa ausencia...pensamentos que as máis das veces fan que unha bágoa corra pola meixela...pensamentos que non son capaz a evitar.
Que terá a escuridade?Que fará que pase todo isto?
O feito de non ver...o feito de non poder facer nada e mesmo ter eses minutinhos pra pensar antes de sumirte nun profundo sonho son cicais os momentos máis difíciles...eses momentos nos que pensas como era todo antes...eses momentos nos que pensas que non está...eses momentos nos que pensas o que significa pra ti...eses momentos nos que escorre esa bágoa...e logo de murmurar "Boas noites" caeso nun sonho do que te espertará a primeira raiola de sol.
Antes de rematar,gostaríame agradecerche o tempo que empregaches en ler isto...e aprobeito pra pedirche algo...por favor...prende a luz.

sábado, 19 de janeiro de 2013

Pobo aturdido

Levaba tempo sen escribir e sen pasarme por estes lares...máis non era por outra razón que por falta de inspiración.
Debo de admitir que foi un duro golpe o das derradeiras eleccións na minha terra...na Galiza.
Ver coma logo de tódalas mentiras e tódolos ataques que sufrimos por parte do goberno que,según eles din é "O goberno de Galicia",segue sen servir de nada...ver como un ano máis,as gaivotas voltarán sobrevoar Galiza...e no medio deses vóos,non podemos descartar que nos quiten algún que outro dereito,ou mesmo a lingoa...e levala lonxe...a un lugar onde non a poidamos recuperar.
Foi inevitable,no momento de conhecer os resultados,lembrar frases ditas por membros dese partido,frases do estilo "Rajoy es muy gallego"..."Disculpen...ahora tengo que hablar gallego" e esa frase que a tódolos galegos e galegas se nos quedou gravada no máis fondo da nosa cachola...esa frase que dicía:"Podemos apreciar unos hilillos de plastilina"...pois despóis de todo iso,ver que serán outros 4 anos baixo a súa bandeira,fai que penses en moitas cousas,,,e ganhes odio e carraxe cara outras...
Non busquemos o problema no sistema electoral(se ben está claro que en participacións baixas,o actual non funciona,xa que logo de perder máis de 100000 votos ganharon escanos)nin na carretaxe(aínda sendo esta una manobra conhecida e mesmo xa está "aceptada" na nosa terra)ou outro tipo de desculpas...non botemos balóns fora...e pensemos na verdade...no lugar onde está o verdadeiro problema.
O verdadeiro problema está noutras frases...frases do estilo "A mi me da igual la política","Es que tanto da quien mande","Yo no voy a votar porque raboan todos" ou "Me da mucha pereza ir a votar...además no vaale para nada"...non pechemos os olhos...aquí está o verdadeiro problema...nesas persoas que critican e critican e non fan o que sería,nun comezo,o máis productivo...andar un,dous ous os quilómetros que sexan pra depositar un papel coa túa opinión...semelha sinxelo nonsi?
Pois non o debe ser cando 6 de cada 10 persoas que viven na Galiza decidiron quedar ao abrigo das súas casas e permanecer indiferentes ante o que se xogaba a nosa terra aquel día...
A estas persoas propónholhes unha reflexión:Pra que vos poidades ir depositar un papel a unha urna,houbo xente que morreu...porque por senon o sabiades,non sempre se tivo ese dereito...e cando digo dereito,dígoo porque só temos o dereito a facelo,pero penso que se tiveramos dous deods de frente,vendo a xente que deixou a vida pra que nós o poidamos facer,cicáis deberiámolo considerar,máis que un dereito,un deber...
Dita esta reflexión,penso que non queda moito dicir...só a sensación coa que pechei os olhos aquel día...e foi a sensación a pertencer a un pobo...un pobo cunha terra e cunha lingoa...máis un pobo aturdido...

quinta-feira, 10 de janeiro de 2013

Lembren,lembren...


¿Algunha vez vos pasou de ver unha película que vos marca para toda a vida?
Seguramente que si...pois algo así,pero moito máis forte pasoume a min con V de Vendetta.
Unha película incríble,capaz de ponherte a pensar sobre a situación que vivimos,sobre como vai o mundo,de como un líder fascista pode controlar e manipular información ao seu antoxo...unha película que mesmo pode influír nos teus ideais...e facerche amar a fermosa anarquía.
Porque aínda que só sexa unha película e o que alí pase non sexa verdade,ensínache a valorar aquilo máis importante que un home ou muller poder ter: Os Ideais
Son capaces de cambiar o mundo,tanto para ben como para mal,pero nunca se deben perder.
Os mesmos ideais que poden unir a moita xente,son capaces de dividir ao dobre de xente,pero iso pasa porque hai xente que nunca se vai a render.
E independentemente dos teus ideais,do teu sexo,da lingua que fales ou de onde sexas,deberías estar dacordo comigo en que isto non funciona ben.
Toda esa escoria que se acumulou no poder e só mira para os seus intereses e non para os do seu pobo...isto así non funciona...e por iso,eu só vos fago unhas preguntas...
¿Por que agoantalos?
¿Porque se sen eles estariamos mellor?
¿Porque temos que ter líderes que non se saben gobernar nin a sí mesmos?
¿Porque non todos igoais?
¿Porque ter líderes?
¿Porque se temos algo chamado Anarquía agardando por nós...?
"Morrerás aquí,protexendo a alguén ao que lle importas unha merda"
"Dinnos que recordemos aos ideais,non ao home,porque un home pódese acabar.Poden detelo,poden matalo,poden olvidalo,pero 400 anos máis tarde os ideais poden seguir a cambiar o mundo"
"Vin cos meus propios ollos o poder dos ideais.Vin a xente matar por eles e morrer por defendelos.Non se pode tocar un ideal,nin bicalo ou cazalo.Os ideais non sangran,non sofren e tampouco aman.Pero eu boto de menos un ideal,boto de menos a un home"
"Este concerto adícollo a Sra. Xustiza,na honra das vacacións que parece que tomou"
"Xustiza,igualdade e liberdade son máis que palabras,son metas"
"Os artistas minten para dicir a verdade mentres que os políticos minten pra ocultala"
"Eu,ao igoal ca Deus non xogo ao azar nin creo na casualidade"
"Anarquis significa sin líderes non sin orde"
"É inútil pedir perdón?
-Nunca
-Sintoo moito"
E xa pra rematar,so quero deixar unha mensaxe para todos auqeles que lean isto:
NON VEXO A DEMORA E SEMPRE É HORA PARA EVOCALA SIN DILACIÓN.

"O pobo non debería temer aos seus gobernantes,son os gobernantes os que deberían temer ao seu pobo."
Por todo isto e moito máis...esa película cambioume dunha maneira tremenda,e mesmo influíu na minha maneira de pensar...e para ben dende o meu punto de vista.
LEMBREN,LEMBREN O 5 DE NOVENBRO,CONSPIRACIÓN,PÓLVORA E TRAIZÓN.

7/10/12


Unha noite máis pecho os olhos...pecho os olhos pero non ven o sono..en troques del aparecen imaxes de momentos...momentos diferentes pero que coinciden nun detalhe...a persoa coa que tenhen lugar...e quen pode ser esa persoa senon ti?
Quen pode ser a persoa que saca o melhor de min e fai que o mundo desapareza pra que todo se reduza a días persoas...a ti e a min...?
Que dicir desas tardes ao teu carón?Que dicir desas ceas no que o menos importante é a comida?Que dicir deses viaxes nos que me entran ganhas de quitar a vista da carretera e quedar mirando cara ti?
Son momentos irrepetibles a primeira vista...digo a primeira vista porque cada novo dia ao teu carón parece superior ao anterior...
E pensar que eu debería estar durmindo...e aquí estou...espalhando sobre papel todo o que me reconcome a cahola e que cicáis nunca che dixen...
E estes momentos semélhan algo...algo que ao igoal ca eles vai a máis co paso dos días...algo que comezou a medrar o primeiro día que me fixei en ti...
Sentimento...ese sentimento que non parou de medrar e que sigue indo a máis...ese sentimento que fixo que estivera ao teu caron e o mesmo que provocou que te converteras no mis importante pra min...
Agardo que cando leas isto che saque un sorriso...un sorriso coma o que esbozaches ese primer éa que te vin...un sorriso como ese que me namorou...
Quérote.

Pequenas Diferenzas


Aqueles que me sigan vía twitter saberán cal é unha das diferencias máis importantes que eu fago con respecto á minha terra:As diferenzas entre os galegos e os nados na Galiza.
Pois ben...seguramente que se lhe preguntas a alguen alheo ao país che dira que esa comparacion é absurda...non pode existir diferenza entre un topónimo e a xente que pertence a él...un erro moi común.
Nacer na Galiza é algo que cumples o mesmo día que naces...é moi fácil nacer na Galiza e mirar por outras terras...falar outras lingoas ou mesmo desprestixiar aos que non o sinten así...é moi doado facer iso...é moi doado nacer na Galiza.
Pero se o miramos dende o outro punto,parece que a cousa cambia...que é ser galego?
Ser galego é sentirte parte dunha terra tan fermosa como pode ser Galiza e defendela.
Ser galego é falar a sua lingoa e fitar cara outro lado cada vez que escoitas "El gallego es de pailanes" ou cousas polo estilo...moi comúns por certo.
Ser galego é que se che escape un sorriso cando ves unha conversa entre velhinhas do país na que ponhen verde á súa companheira que acaba de marchar.
Ser galego é facer caso a todo o que digan eses patróns que fitan cara as obras.
Ser galego e que se che encolha o corazón cada vez que escoitas "Castelao","Celso Emilio" ou "Rosalía" entre outros...parece bonito nonsi?
Parece bonito ser galego...parece bonito e doado ser galeo porque esa é a parte bonita...pero por desgraza non é a única parte que ten...e por desgraza,nos tempos nos que vivimos parece ser que a parte mala é máis grande...porque ademais de todo o dito anteriormente,ser galego é notar unha bagoa na meixela cada vez que abren o telexornal con imaxes da Galiza ardendo.
Ser galego é cabrearte cada vez que ves ese maltrato que sofre a lingoa da Galiza...esa lingoa que ti sentes coma t¨²a.
Ser galego é quedar perplexo ao ver sesultados electoráis que non entendes.
Ser galego é vivir de preto que esas augas azuis nas que ti te banhabas tódolos veráns e coas que moita xente se ganha a vida se tinguiran de negro,mentres aqueles que día a día nos recordaban que a nosa terra pertence a súa,nos deron as costas e nos deixaron sós.
Ser galego é sufrir cada vez que che negan a utilización da túa lingoa en exames oficiais ou outro tipo de documentos.
Ser galego tamén é pasar dias matinando como cambiar esta realidade que tanto te amola.
Pero ser galego,é,sobre todo,a pesares de todas estas contras que o destinho nos puxo no caminho que temos que seguir,a pesares de todos eses asobalhamentos que sufrimos,ser capaz de cada día erguerte e co peito en alto dicir:"Son galego...falo galego...minha terra e Galiza e nada vai cambiar iso".

Debuxo


Estando eu un día no meu momento musical,cadroume de escoitar a canción do grande Serj Tankian titulada "Borders Are",canción que vos recomendo e trata sobre as fronteiras.
Pois ben,unha vez que a rematei de escoitar decidín fixarme na letra...cousa que me fixo reflexionar...
Que son as fronteiras?Pra que serven?Quen as pon?
Demasiadas preguntas sen resposta ou polo menos sen respostas agradables...
Paracen ser unhas linhas que dividen pobos,pobos que cicais estiveron unidos dende tempos lonxanos pero que se poden dividir cunha trazada de bolígrafo sobre un mapa...
Nestes casos pouco importa a opinión da xente que alí habita ou cousas polo esilo...o que de verdade importa é iso que aparece continuamente nas nosas vidas e que mesmo chegan a controlalas...os cartos.
Ás persoas que entran traxeadas e armadas con bolígrafos e lápices pra dividir o mundo non lhes interesa cultura ou irmandade,só se guían polo afán de conseguir cartos e de vivir ben...
Pero isto,por raro que sone no comezo,non é o peor das fronteiras...o maior dano que fan as fronteiras fano grazas ás persoas normais coma ti ou coma min...no momento en que esa linha pintada supera ao sentimento e ao falar do teu corazón.
Acaso que dividan unha terra nun papel fai que esa terra cambie?De verdade hai xente capaz de crelo?
Parece mentira que a estas alturas,algunha xente mire os mapas con todas esas linhas e crea que iso está feito así de forma ntural...que nin se derramou sangue nin inteviron intereses persoais pra debuxar ese cadro,porque iso é o que están a conseguir...que o mundo pareza un debuxo feito por encargo polas persoas que tenhen cartos...polas mesmas persoas que pechan os olhos cando morre xente que quere borrar parte dese cadro ou modificalo...que miran cara outro ladocando lhe ponhen libros de historia diante con referencias culturais ou étnicas de porqué non está ben debuxado...as mesmas persoas que despóis esbozan un sorriso cando lhe quitan as lonas aos carteis que trasladan ao mundo o seu debuxo...
E mentres eles matinan novas cores e novas formas pra súa "obra de arte" eu tenho clara unha cousa...son cidadán do mundo e tenho unha terra que sinto como minha e parte de min...e ningunha linha debuxada en papel molhado vai facer que cambie de parecer.

Avance


O outro día vin na prensa un artigo que falaba sobre un tema que por incrible que pareza,nos anos que estamos a vivir,está moi presente nas nosas vidas:A violencia de xénero.
Cando rematei de lelo,unha carraxe invadiu o meu corpo e un pensamento conquistaba a minha mente..."Estes artigos non tinhan que existir".
Dito así non parece explicar ben a minha postura,xa que o que eu quero dicir é que en pleno século XXI non deberían facer falha artigos que defenderan ás mulheres fronte aos homes...porque se hai algo absurdo neste mundo é o machismo.
Sentirte superior a un ser da túa mesma especie só por motivos de sexo é o máis baixo que se pode caer...e prefiro non entrar no tema da agresión...tanto física como psíquica...ese é un tema que preferiría evitar.
Quero referirme a esa sensación de superioridade que lhe nace a algúns individuos(por ponher un nome)polo feito de ser máis altos,máis fortes ou ter que afeitarse...iso fainos diferentes?Somos diferentes pero igoais...
Xa no século V A.C Platón dixo que as muheres estaban preparadas pra desempregar as mesmas funcións que os homes...e con isto quero proponhervos unha reflexión:
Estamos nunha sociedade "avanzada"...pero que é avanzar?Considérse avanzar ter problemas que non se tinhan fai máis de 2000 anos?Considérase avanzar que na sociedade na que vivimos exista discriminación sexual?
Dende o meu punto de vista,a verba "avance" deberíase someter a unha profunda análise...eu,mentres tanto,son incapaz de sentirme superior a alguén que me dou a vida.

23/08/12


O reloxo maca as 3:36 da madrugada...sono?Pra nada.Tenho un pensamento na cachola,un pensamento que ten a súa base nunha persoa...en ti.Dende que marchaches levo a voltas con iso...desexando verte...apertarte...bicarte...Conto os minutos que quedan pra verte e poder estar de novo ao teu carón.Sempre que penso nisto o recordo da primeira vez que te vin aparece no medio do pensamento...aquela vez que te paseaches polo pasilho do instituto e me namoraches só con facelo.Tenho ao meu carón esa carta que me deches...esa carta que dende o momento que a lin me cambiou a vida...vida que dende entón comparto coa persoa máis fermosa deste mundo.E agora,con tempo pasado dende aquela,estou só na cama,pensando en cando te volverei ver,botándote de menos e sen poder parar de pensar en ti,só me saen 2 cousas:1-Quérote2-Grazas por existir.

Triste Realidade


Abro os olhos...despreguízome e érgome da cama mentres lhe boto un sorriso á estreleira que coma sempre,está pendurda da estantería.
Polo que me dixo onte minha nai toca ir de compras...polo pan e pouca cousa máis.
Saio polo portal e algo me chama a atención...vexo máis estreleiras nas ventás da minha rúa...é  moi raro...dende cando están ahí?
Chego á panadaría e saúdanme cun "Bo día,que che ponho?"...ese galego...cada vez estou máis sorprendido.
Saio de alí cada vez comprendo menos este día.
Escoito falar a dous patróns:"Por fin...a metade das materias en galego","Xa ía sendo hora"...non entendo nada...
Merco unha Cocacola e pipas e vou comelas ao parque mentres miro aos cativos xogar.Fito unha esquina na que hai dous nenos falando e ponho atención á conversa:"Elogo ti porque falas espanhol?".Ese rapaz sácame un sorriso e decido voltar cara a casa.
Mentres vou andando un timbre comeza a soar na minha cachola...cada vez máis forte...todo se ve nubrado ata que só distingo claridade.
Abro os olhos e sigo escoitando o espertador...non entendo nada...apago o espertador,miro a minha estreleira e arránxome.
Chego á panadaría e escoito:"Hola,¿Que quieres?"
Agora entendo todo...só fora un sonho...xa estou de volta na triste realidade...

Cortalingoas


Co que ides ler a continuación pretendo facervos pensar...perdoádeme trementa ousadía pero na minha opinión,de vez en cando é bo pensar no que é noso e o que merece a pena defender.Esta reflexión terá como eixo de rotación unha terra...a nosa terra.
E ahí vola deixo:
O que tedes que pensar é o que fai diferente a Galiza...eso no que calqueira persoa se da conta nada máis entrar nela...que é aquilo que nos diferencia?
Na minha opinión,eso que nos fai diferentes é a nosa lingoa...o galego,porque por moito que nos intenten vender os de fora ou esté escrito en linhas sobre papel molhado,a lingoa de Galiza,a nosa lingoa é o galego.
Esa lingoa que pasou de ser a lingoa das cortes e de escrita a estar reservada á fala familiar e mesmo estar esquecida e que aínda así segue a estar viva hoxe en día.
Quero que pensedes tamén que non só de trata da linga da nosa terra...trátase tamén da lingoa dos nosos antergos...antergos que en moitos casos tiveron que marchar dela,deixando en moito casos a familia atrás,pero que cando peor estaban as cousas,cando non había que levar á boca,a súa lingoa seguía estando presente nas súas vidas.
Fagamos unha viaxe no tempo e aterremos nos tempos actuais pra pensar no que lhe está acontecendo ao galego.
Parece que padece unha enfermidade...unha enfermidade crónica que pouco a pouco o está debilitando e rematando con el...
O peor desta enfermidade non é a enfermidade en sí...o peor é a orixe.
O galego sinte coma se o seu propio organismo o atacase,coma se o seu propio corpo non o quixera,e o corpo do galego non é outro que os falantes...os habitantes da Galiza.
Habitantes nos que comeza a ser demasiado habitual frases coma "Pero es que el gallego es de pailanes","Aunque lo intento no me sale" ou "No puedo hablar gallego porque vivo en la ciudad" entre outras.Esas frases que moitas veces escoitades dicir en primeira persoa,xa vos advirto que moitas veces as utilizarán en segunda e volo dirán a vós,logo dunha pregunta tan sinxela como absurda:"¿Pero tú porque hablas gallego?".Ante esta pregunta ou ben podedes contarlhe porqué o facedes ou simplemente dar a volta e marchar...pero antes de marchar botarlhe a lingoa...lingoa que polos teus antergos tes que conservar,porque ¿Qué pensarían eles se a esquecemos?,¿Que pensarían as persoas que loitaron ou mesmo deron a súa vida por ela?
Agardo que servira de algo isto...que vos conciencie de todo o que temos e que nunca deberiamos perder...e ante todo,que non vos corten a lingoa.

Invasores

Conta unha das lendas existentes na minha terra,a existencia duns xigantes...unhos xigantes que dende a sua chegada limitáronse a rematar co verde desta terra...coa vida futura e tentar eliminar a xa existente.
Antes da súa chegada,os habitantes plantaban e desplantaban ao seu antolho...podían permitilo xa que vivían nunha terra fértil sen problema de ningun tipo...eran felices,e a terra que tanto amaban dábalhes todo o que precisaban pra vivir...pero cando todo ía ben,apareceron sen previo aviso estes seres...Dende ese momento comezaron a facer promesas de todo tipo...cartos,riqueza e demáis luxos cos que os habitantes desta terra sempre sonharon a cambio dun trato,o trato de cederlhes terra aos xigantes...o que estes seres non explicaban eran as consecuencias de aceptar o trato...Moitos déronse conta e tentaron avisar aos demáis pero foilhes imposible...os cartos tinha cegado ao pobo e a idea da riqueza taponábalhe os ouvidos até o punto de non escoitar as advertencias...Os que dende o comezo se deron de conta do problema non se rendiron e continuaron loitando pola sua terra ata que foi imposible...os xigantes conquistran a terra e moitos dos que resistiran remataran por ceder na súa loita e pasarse o outro bando...era imposible resistir se non te sometías ao mandato dos xigantes.Co paso do tempo,cando chegou a época de colheitas,coma tódolos anos,os habitantes desta terra puxéronse mans á obra e comezaron coa sembra.A súa sorpresa e desgusto acentuouse cando ao plantar os alimentos,estes secábanse antes de medrar...Ninguén comprendíá nada...que fora da fertilidde da súá terra?Ao parecer,cando aceptaron o trato,os xigantes deron en aprobeitarse e alimentarse da terra...quedando esta seca e sen posibilidade de dar máis de si...Coa terra seca e inútil pr calquer fin productivo,esta xente tivo que abandoar a terra na que naceran...xa non valían de nada os cartos...a riqueza marchara e agora estaban perdidos nun mundo desconhecido no que non sabían como íán facer pra prosperar...Según conta a lenda,agora,no primer día de colheita,os superviventes desta terra fan unha viaxe ao deserto que un día foi o seu fogar...ao deserto que no seu día non foi deserto e do que eles obtinhan o necesario pra súa supervivencia...E unha vez que están alí,e observan esta paisaxe con horror e bágoas nos olhos,danse a volta e fitan cara o cartel,que con letras que semelhan escritas con tristura anuncia:Deserto dos Eucaliptos.

Marionetas

Nesta entrada quero tratar un tema que sempre me pareceu curioso...trátase das masas sociais e dos cousas que poden acadar...
Parástesvos a pensar algunha vez no fútbol?Pero non me refiro ao fútbol como deporte...refírome ao fútbol como "cousa" que cambia a calquera persoa até límites que resulta ser irreconocible.Seguramente que se a esa persoa lhe preguntas porqué fai iso ou porque non se controla dirá:"E que o fútbol é fútbol" explicación que na sociedade na que vivimos basta e sobra pra explicar comportamentos inusuais como insultos ou mesmo violencia...A pregunta que vos fago a continuación é:Porque non se penaliza ou se trata este tema?A resposta a esto está na primeira ringleira deste texto...as masas sociais...cando se chega a un punto no que unha amplia masa social comparte un costume ou realiza algo por igoal,iso pasa a declararse "normal" e pasa a admitirse socialmente,de maneira que dicir que o fútbol é fútbol chega pra explicalo...pero valeríalhe esa explicación ao mesmo afeccionado que perdera a un familiar nun accidente?Ponhamos o exemplo:Acontece un accidente de avión e este individuo vai preguntar a causa do accidente e o responsable dilhe:"E que un avión é un avión"De seguro que non lhe valería esta explicación...a diferenza?O apoio que se lhe da nesta sociedade a comportamentos relacionados con ese deporte.Pero entrando máis no tema,non podemos esquecer que estas situacións non pasan só no fútbol,senón noutros ámbitos nos que,aínda que nos pareza que non,estamos sumerxidos tódolos días:As drogas por exemplo.Cando digo drogas,seguramente vos venhan á cachola as imaxes da marihuana,cocaína,hachis e grogas polo estilo...pero quero que vos fixedes nas outras drogas...nas drogas admitidas socialmente...nesas drogas que a xente xa non ve como drogas polo feito de estalo...falo de drogas coma o café,o alcohol ou o tabaco.Porque non se fai a metade de esforzo en controlar estas drogas que anualmente matan a máis xente(no caso das dúas últimas)ou conlevan unha importante adicción coma no caso do café?Pra respostar a isto,permítome volver ao epígrafe das masas sociais.O feito de que milheiros de milheiros de persoas consuman estes productos convírtenos en produtos socialmente admitidos,que polo feito de selo,perden todas as súas capacidades malignas,deixando só a capacidade de espertarte,outorgarche valentía ou desestresarte.Trátase do poder que agochan as masas sociais...un poder capaz de trocar calquera cousa e facela boa ou mala ao seu antolho...pero non quero que pensedes que as masas sociais son os Deuses deste mundo...as masas sociais son unha marioneta manexada polo verdadeiro"capo" deste mundo,o que controla e dirixe todo como el quere e ao seu parecer...e por suposto,estou falando do dinheiro.

Perdido

Espertas un día e e pregúntaste que fas aquí...
Paras a pensar en todo o que pasa e non entendes porque tanto odio...porque tanto amor por un metal e uns papeis...porque estás ti no medio de todo eso...Esa sensación de non encaixar neste mundo,de que todo o que estás a ver que pasa escápase do teu entendemento e non comprendes porque hai xente que o fai.Pois meu amigo,quero que sepas que tes a mesma sensación que tenho eu cando cada día me ergo e vexo as novas que vou atopando...desaucios,roubos,asasinatos...non logro comprender  como o mundo no que eu vivo puido chegar até este punto...un punto no que se te paras a pensar,é normal que cada día morra unha persoa a mans doutra,un mundo onde é normal que a xente perda o seu trabalho pra non atopar outro,un mundo no que o mero feito de utilizar lingoas diferentes ou ser de relixións diferentes pode acabar en conflicto...párae a pensar en todo isto e daraste conta as cousas ás que chegados a este punto lhes ponhemos o calificativo de "normais".Unha vez que o fagas,inconscientemente ponheraste a pensar en solucións pra cada un destes problemas,pero xa che digo que non vai valer pra nada...A razón é moi simple:Este mundo tolo non quere solucións...calquer forma de melhorar esto ou simplemente buscar un cambio,será considerado "utopía",que pra eles debe ser algo así como:"Esta moi ben,pero non vai funcionar"Medo ao cambio ou medo a perder o poder,ese poder que pode corromper ata a persoa máis inocente parece ser o culpable de que chegaramos ata aquí...un poder capaz de corromper até a persoa máis inocente e cuxa arma máis poderosa son os cartos...uns seres cpaces de convencer a calquera de todo...TODO...capaces de crear un amor cara eles maior que cara outras persoas,cousa que comeza a ser preocupante na minha opinión e desacreditaría ao sistema que o defenda...pero de non ser así,estariamos nunha utopía e como todos sabemos non funcionaría...Eu penso que todo esto da pra pensar moito...pra pensar que o mundo no que vivimos non é nin moito menos perfecto,e que queda moito por melhorar...se vai ser posible ou non non o sei...o único que está claro e que un cambio plural acádase cun conxunto de cambios individuais...Pero o que tenho máis claro despóis de escribir esto,é que non encaixo neste mundo...pero visto o visto,estou orgüioso de non facelo.

Sorpresa meu amigo

Sona o espertador,érgueste da cama e abres a ventá.
Ao lonxe ves un outeiro cheo de pinos,escoitas paxaros e un río discorre a escasos 100 metros da túa casa.Sona o espertador,érgueste da cama e abres a ventá.Ao lonxe ves o outeiro pero parece que non están todos os pinos,escoitas os paxaros e ves o río.Sona o espertador,érgueste da cama e abres a ventá.Miras o outeiro e nel comezas a ver terra...terra removida,pola dereita aparece o que parece ser unha cheminea,e só cando te paras a escoitar sintes algún paxaro e miras prao río.Sona o espertador,érgueste da cama e abres a vantá.Enriba do outeiro ves un edificio cunha longa cheminea botando un fume negro,xa só escoitas un paxaro que pasa diante da túa casa e ao mirar prao río,ves que xa non leva esa cor axul que tanto che gostaba.Sona o espertador,érgueste da cama e abres a ventá.Ao carón daquel edificio hai 5 máis,están comezando unha excavación ao pé do outeiro,nin rastro de ningún ser vivo e cando observas o río,dache noxo só o feito de miralo.Sona o espertador,érgueste da cama e abres a ventá.Non ves nada,só unha perede a 5 metros da túa casa.Estas durmindo e despértate un ruído co que estás familiarizado,é o timbre.Baixas abres a porta e un home con traxe entrégache un papel e seguidamente marcha.Abres o papel e en maiúsculas pon:"EXPROPIACIÓN" e despóis de lelo exclamas:"Non mo esperaba".

Os Malvados

Sendo eu pequeno existían uns seres malvados..."os malvados" dei en chamarlhes...que sempre querían rematar cos bos e conquistar o mundo...non entendía nada...pero vía,escoitaba e calaba.
Un día,fai xa algúns anos tocoume estudalos...a eses seres destructivos e conquistadores.A minha sorpresa saltou cando pensaba que os apuntes estaban enganados...tantas películas e novas como eu vira non podían estar enganadas...eses seres non podían ser como estaban alí representados.Decidín investigar...pero a minha preocupación seguía en aumento...cando máis lía e escoitaba melhores me parecían...pero o máis incrible de todo era que por máis que procuraba,non era quen a atopar o que anteriormente vira nas películas."Estarei enfermo?" pensaba eu."Non pode ser normal que me estea a ponher de acordo con esta xente que tentou conquistar o mundo e aniquilou a tantas persoas"Tentei esquecelo pero non era posible...o mundo no que vivo non funcionaba e nas ideas que "os malvados" proponhían cada vez vía unha solución máis clara...por máis que o tentaba non me era posible entender que farían pra crear tanto odio entre a xente...Despois de informarme e continuar a minha procura por tódolos medios posibles cheguei a unha conclusión...este mundo non é coma o pintan...vivimos nun mundo de manipulación onde a historia a escriben os que ganhan e os outros baixan a cachola e achantan...pero non por iso temos que crer todo o que nos digan e asintir coma se non tiveramos conciencia nin ideas de noso."E de onde sacou esta conclusión o tolo este?" estaredes a preguntar...moi fácil:Logo de escoitar,ler e observar,vin que "os malvados",os seres que tentaban conquistar o mundo,os mesmos que asasinaban sen criterio e dos cales temos que apartar aos nosos meninhos...as persoas que nons seus satélites e traxes tinhas as siglas CCCP non eran tan malos...

Terra Perdida

Contan as antigas lendas a existencia dunha terra...unha terra fermosa diferente a todas as demáis de todo o mundo conhecido e por conhecer.
Unha terra onde a cor verde gobernaba sobre todas as demais e home e natureza vivían un a base do outro e era costume que os nenos se ergueran co son dos paxaros de fondo.Decían os velhos que as xentes dalí tinhan costumes diferentes a todas as que a xente conhecía e calificaría de "normáis".Contaban que na súa cultura existían uns seres fantásticos aos que chamaban "meigas" capaces de facer calquera cousa...contaban tamén que a estes seres podíanselhes espantar cun brebaxe especial que só eles sabían preparar,mentres pronunciaban un conxuro feito prao caso.Sen embargo,con todo isto,o que máis lhe chamaba a atención á xente de fóra das persoas que nesta terra vivían,era a maneira de falar destas persoas...moitos estranxeiros chegaban e dicían que non entendían...outros que sí,pero que simplemente fixeran un dialecto especial,e outros,os máis sensatos,que elaboraran unha lingoa diferente a todas as conhecidas,unha lingoa propia pra eles e que só eles a falaban.Todo era harmonía e felicidade nesta terra,pero segundo contan,un día,os extranxeiros cansáronse de que esa xente vivira dependendo de sí,e decidiron intervir.Esa xente trouxo máquinas que escupían lume,ideas malnadas que nunca se escoitaran por eses lares,cartos que cheiraban a podre...e o peor de todo...esa xente traía outra lingoa.Dende ese momento,a cor gris imperou sobre a verde...a natureza empezou a converterse na inimiga do home,xa non existía o sustento mutuo e os paxaros xa non cantaban.Os estranxeiros,ademáis de rematar coa forma de vida desa terra,adaptárona a unhas produccións que non era capaz de agoantar,polo que a tacharon de probe...E a lingoa...esa lingoa fermosa que falaban as nenas e os nenos...foise esquecendo...esquecendo nos recunchos máis salvaxes do monte onde había persoas que se negaban a esquecer o legado que lhes deixaran os seus antergos...E esta historia...despóis de lela repetidas veces e darlhe todas as voltas posibles,cheguei a conclusión que esa historia que os velhos contaban nas lareiras non era ficción...que esa terra existía....esa terra era a minha terra...Galiza.

Superheroes

Xa dende pequeno había uns personaxes que me fascinaban...tinhan todos nomes espectaculares e traxes aínda máis espectaculares,chamábanlhes superheroes.
Conforme un se vai facendo grande vaise esquecendo deles,ou vaise dando de conta que non son máis que contos pra nenos pequenos.Este cambio vese reflexado na frase que todos nós escoitamos algunha vez:"Os superheroes non existen"De seguro que vola tenhen dito algunha vez,e vós,aínda coa esperanza dun neno pequeno mirabades cos olhos chorosos e deciades praos vosos adentros:"Si que existen".Pero o tempo pasa e comezas a dar por feito que tinha razón,que esas persoas que se dedican a combater o mal ou salvar vidas non existen,son personaxes de fantasía e na fantasía quedarán.E con este pensamento vas polo mundo ata que un día,sexa polo motivo que sexa,daste conta do teu erro.A min isto pasoume na clase,cando logo de estudar diversos temas me din de conta que os superheroes si que existen,non levan traxes espectaculares,non voan nin tenhen superforza,pero sí que loitan contra o mal e se preocupan polo que queren,e combaten contra o que quere rematar co que pra eles é importante.E os nomes?Os nomes dos superheroes da vida real non tenhen nada de espectacular,son nomes normales como Castelao,Celso Emilio ou Rosalía...

Benvida


Antes de comezar co que vai ser o meu recuncho pra pensar,peso que é obrigado contarvos de que vai ir o que farei disto.
Antes de nada,presentarme:Son @Son_de:Galiza ,non dubidedes en seguirme no Twitter,un adolescente de preto de Compostela en plena flor da vida.
Sonche amigo de cavilar,pero pode que as cousas que cavilo non sexan aquelas nas que emprega a xente "normal" o seu tempo...sonche máis de couas como a minha terra,a minha lingoa ou ideoloxías moitas veces esquecidas ou simplemente marcadas como utopías.
Xa me iredes conhecendo co tempo,pero veredes que son un personaxe curioso coas súas manías,cunha parte boa e como non,cunha parte mala,aínda que cada unha desas partes é moi relativa segundo a persoa coa que faledes de min.
Agardo que a lectura deste blogue non suponha unha perda de tempo e que sexa do voso agrado.
E dito isto,comezamos...