sábado, 19 de janeiro de 2013

Pobo aturdido

Levaba tempo sen escribir e sen pasarme por estes lares...máis non era por outra razón que por falta de inspiración.
Debo de admitir que foi un duro golpe o das derradeiras eleccións na minha terra...na Galiza.
Ver coma logo de tódalas mentiras e tódolos ataques que sufrimos por parte do goberno que,según eles din é "O goberno de Galicia",segue sen servir de nada...ver como un ano máis,as gaivotas voltarán sobrevoar Galiza...e no medio deses vóos,non podemos descartar que nos quiten algún que outro dereito,ou mesmo a lingoa...e levala lonxe...a un lugar onde non a poidamos recuperar.
Foi inevitable,no momento de conhecer os resultados,lembrar frases ditas por membros dese partido,frases do estilo "Rajoy es muy gallego"..."Disculpen...ahora tengo que hablar gallego" e esa frase que a tódolos galegos e galegas se nos quedou gravada no máis fondo da nosa cachola...esa frase que dicía:"Podemos apreciar unos hilillos de plastilina"...pois despóis de todo iso,ver que serán outros 4 anos baixo a súa bandeira,fai que penses en moitas cousas,,,e ganhes odio e carraxe cara outras...
Non busquemos o problema no sistema electoral(se ben está claro que en participacións baixas,o actual non funciona,xa que logo de perder máis de 100000 votos ganharon escanos)nin na carretaxe(aínda sendo esta una manobra conhecida e mesmo xa está "aceptada" na nosa terra)ou outro tipo de desculpas...non botemos balóns fora...e pensemos na verdade...no lugar onde está o verdadeiro problema.
O verdadeiro problema está noutras frases...frases do estilo "A mi me da igual la política","Es que tanto da quien mande","Yo no voy a votar porque raboan todos" ou "Me da mucha pereza ir a votar...además no vaale para nada"...non pechemos os olhos...aquí está o verdadeiro problema...nesas persoas que critican e critican e non fan o que sería,nun comezo,o máis productivo...andar un,dous ous os quilómetros que sexan pra depositar un papel coa túa opinión...semelha sinxelo nonsi?
Pois non o debe ser cando 6 de cada 10 persoas que viven na Galiza decidiron quedar ao abrigo das súas casas e permanecer indiferentes ante o que se xogaba a nosa terra aquel día...
A estas persoas propónholhes unha reflexión:Pra que vos poidades ir depositar un papel a unha urna,houbo xente que morreu...porque por senon o sabiades,non sempre se tivo ese dereito...e cando digo dereito,dígoo porque só temos o dereito a facelo,pero penso que se tiveramos dous deods de frente,vendo a xente que deixou a vida pra que nós o poidamos facer,cicáis deberiámolo considerar,máis que un dereito,un deber...
Dita esta reflexión,penso que non queda moito dicir...só a sensación coa que pechei os olhos aquel día...e foi a sensación a pertencer a un pobo...un pobo cunha terra e cunha lingoa...máis un pobo aturdido...

Sem comentários:

Enviar um comentário