quinta-feira, 10 de janeiro de 2013

Terra Perdida

Contan as antigas lendas a existencia dunha terra...unha terra fermosa diferente a todas as demáis de todo o mundo conhecido e por conhecer.
Unha terra onde a cor verde gobernaba sobre todas as demais e home e natureza vivían un a base do outro e era costume que os nenos se ergueran co son dos paxaros de fondo.Decían os velhos que as xentes dalí tinhan costumes diferentes a todas as que a xente conhecía e calificaría de "normáis".Contaban que na súa cultura existían uns seres fantásticos aos que chamaban "meigas" capaces de facer calquera cousa...contaban tamén que a estes seres podíanselhes espantar cun brebaxe especial que só eles sabían preparar,mentres pronunciaban un conxuro feito prao caso.Sen embargo,con todo isto,o que máis lhe chamaba a atención á xente de fóra das persoas que nesta terra vivían,era a maneira de falar destas persoas...moitos estranxeiros chegaban e dicían que non entendían...outros que sí,pero que simplemente fixeran un dialecto especial,e outros,os máis sensatos,que elaboraran unha lingoa diferente a todas as conhecidas,unha lingoa propia pra eles e que só eles a falaban.Todo era harmonía e felicidade nesta terra,pero segundo contan,un día,os extranxeiros cansáronse de que esa xente vivira dependendo de sí,e decidiron intervir.Esa xente trouxo máquinas que escupían lume,ideas malnadas que nunca se escoitaran por eses lares,cartos que cheiraban a podre...e o peor de todo...esa xente traía outra lingoa.Dende ese momento,a cor gris imperou sobre a verde...a natureza empezou a converterse na inimiga do home,xa non existía o sustento mutuo e os paxaros xa non cantaban.Os estranxeiros,ademáis de rematar coa forma de vida desa terra,adaptárona a unhas produccións que non era capaz de agoantar,polo que a tacharon de probe...E a lingoa...esa lingoa fermosa que falaban as nenas e os nenos...foise esquecendo...esquecendo nos recunchos máis salvaxes do monte onde había persoas que se negaban a esquecer o legado que lhes deixaran os seus antergos...E esta historia...despóis de lela repetidas veces e darlhe todas as voltas posibles,cheguei a conclusión que esa historia que os velhos contaban nas lareiras non era ficción...que esa terra existía....esa terra era a minha terra...Galiza.

Sem comentários:

Enviar um comentário