quinta-feira, 10 de janeiro de 2013

Marionetas

Nesta entrada quero tratar un tema que sempre me pareceu curioso...trátase das masas sociais e dos cousas que poden acadar...
Parástesvos a pensar algunha vez no fútbol?Pero non me refiro ao fútbol como deporte...refírome ao fútbol como "cousa" que cambia a calquera persoa até límites que resulta ser irreconocible.Seguramente que se a esa persoa lhe preguntas porqué fai iso ou porque non se controla dirá:"E que o fútbol é fútbol" explicación que na sociedade na que vivimos basta e sobra pra explicar comportamentos inusuais como insultos ou mesmo violencia...A pregunta que vos fago a continuación é:Porque non se penaliza ou se trata este tema?A resposta a esto está na primeira ringleira deste texto...as masas sociais...cando se chega a un punto no que unha amplia masa social comparte un costume ou realiza algo por igoal,iso pasa a declararse "normal" e pasa a admitirse socialmente,de maneira que dicir que o fútbol é fútbol chega pra explicalo...pero valeríalhe esa explicación ao mesmo afeccionado que perdera a un familiar nun accidente?Ponhamos o exemplo:Acontece un accidente de avión e este individuo vai preguntar a causa do accidente e o responsable dilhe:"E que un avión é un avión"De seguro que non lhe valería esta explicación...a diferenza?O apoio que se lhe da nesta sociedade a comportamentos relacionados con ese deporte.Pero entrando máis no tema,non podemos esquecer que estas situacións non pasan só no fútbol,senón noutros ámbitos nos que,aínda que nos pareza que non,estamos sumerxidos tódolos días:As drogas por exemplo.Cando digo drogas,seguramente vos venhan á cachola as imaxes da marihuana,cocaína,hachis e grogas polo estilo...pero quero que vos fixedes nas outras drogas...nas drogas admitidas socialmente...nesas drogas que a xente xa non ve como drogas polo feito de estalo...falo de drogas coma o café,o alcohol ou o tabaco.Porque non se fai a metade de esforzo en controlar estas drogas que anualmente matan a máis xente(no caso das dúas últimas)ou conlevan unha importante adicción coma no caso do café?Pra respostar a isto,permítome volver ao epígrafe das masas sociais.O feito de que milheiros de milheiros de persoas consuman estes productos convírtenos en produtos socialmente admitidos,que polo feito de selo,perden todas as súas capacidades malignas,deixando só a capacidade de espertarte,outorgarche valentía ou desestresarte.Trátase do poder que agochan as masas sociais...un poder capaz de trocar calquera cousa e facela boa ou mala ao seu antolho...pero non quero que pensedes que as masas sociais son os Deuses deste mundo...as masas sociais son unha marioneta manexada polo verdadeiro"capo" deste mundo,o que controla e dirixe todo como el quere e ao seu parecer...e por suposto,estou falando do dinheiro.

Sem comentários:

Enviar um comentário