quinta-feira, 10 de janeiro de 2013

Sorpresa meu amigo

Sona o espertador,érgueste da cama e abres a ventá.
Ao lonxe ves un outeiro cheo de pinos,escoitas paxaros e un río discorre a escasos 100 metros da túa casa.Sona o espertador,érgueste da cama e abres a ventá.Ao lonxe ves o outeiro pero parece que non están todos os pinos,escoitas os paxaros e ves o río.Sona o espertador,érgueste da cama e abres a ventá.Miras o outeiro e nel comezas a ver terra...terra removida,pola dereita aparece o que parece ser unha cheminea,e só cando te paras a escoitar sintes algún paxaro e miras prao río.Sona o espertador,érgueste da cama e abres a vantá.Enriba do outeiro ves un edificio cunha longa cheminea botando un fume negro,xa só escoitas un paxaro que pasa diante da túa casa e ao mirar prao río,ves que xa non leva esa cor axul que tanto che gostaba.Sona o espertador,érgueste da cama e abres a ventá.Ao carón daquel edificio hai 5 máis,están comezando unha excavación ao pé do outeiro,nin rastro de ningún ser vivo e cando observas o río,dache noxo só o feito de miralo.Sona o espertador,érgueste da cama e abres a ventá.Non ves nada,só unha perede a 5 metros da túa casa.Estas durmindo e despértate un ruído co que estás familiarizado,é o timbre.Baixas abres a porta e un home con traxe entrégache un papel e seguidamente marcha.Abres o papel e en maiúsculas pon:"EXPROPIACIÓN" e despóis de lelo exclamas:"Non mo esperaba".

Sem comentários:

Enviar um comentário